publicidade hoxe

A Xunta reforza o firme da estrada PO-300 e da VG-4.2 ao seu paso polo Concello de Cambados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+
Cores Tourís na visita ás obras

Cores Tourís na visita ás obras

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís comprobou esta mañá os traballos de reforzo do firme das estradas PO-300 e VG-4.2 ao seu paso polo concello de Cambados.

No caso da VG 4-2. as melloras estanse a levar a cabo dende a saída 7 ata a PO-300, consistindo no fresado localizado de 5 centímetros na glorieta inicial con reposición de mestura bituminosa, mentres o retos do tramo contará cun novo fresado de tres centímetros ao ancho do carril e reposición con mestura bituminosa en quente.

Os traballos continúan na PO-300 cun fresado localizado de cinco centímetros e reposición de firme no tramo entre o punto quilométrico 9+300, no polígono empresarial, e a glorieta situada no punto quilométrico 10+040.

“En resumen”, segundo destacou Cores Tourís, “as melloras consistiron no fresado e reposición do firme actual dado que se detectou certo deterioro no mesmo. Deste xeito, seláronse as fisuras cunha aplicación de masilla a base de betún modificado e tamén con lechada bituminosa”, explicou o delegado territorial, quen matizou que tamén se reporá a sinalización horizontal, e limparase e perfilaranse as beiras desta estrada, executaranse cunetas de seguridade e reporanse as tapas de rexistro.

Estas obras forman parte dun proxecto de reforzo do firme localizado en varias estradas: a PO-300, a PO-305, a PO-549 e PO-548, e “que teñen como obxectivo o mantemento e conservación destas vías autonómicas”. O orzamento global é de 650.000 euros.

José Manuel Cores Tourís lamentou que estas obras “estean a provocar molestias aos condutores, xa que supoñen o corte dun carril da estrada, pero teñen un fin moi importante que é mellorar a seguridade viaria”.

O delegado territorial quixo tamén recordar que este proxecto de mellora completa os traballos que se estiveron a executar en estradas desta comarca e de concellos limítrofes este verano, e que permitiron así reforzar outras estradas como a PO-226, a VG-4.1, a VG-4.7, a PO-309 e a PO-310, así como a PO-308. No caso concreto destas outras estradas, o proxecto tivo un investimento global de 850.000 euros.

Dentro de este proxecto de obras en estradas destaca as executadas na PO-531, mellorándose en diversos tramos situados nos concellos de Pontevedra, Vilagarcía e Barro.

21 de setembro de 2017 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.