publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta incrementa a atención á dependencia incorporando 3000 novos usuarios ao sistema de libranzas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe o incremento da atención á dependencia coa incorporación de 3000 novos usuarios aos sistema de libranzas, tanto para o coidado no contorno familiar como vinculadas a un servizo.

O orzamento inicial de 60,8 millóns de euros, experimentou posteriormente unha suba adicional de 11,61 millóns para este 2017 e para 2018. Isto permite consolidar e mesmo incrementar a atención. Feijóo subliñou que o sistema de libranzas está a permitir que as persoas dependentes poidan ser atendidas por coidadores familiares ou a través dun servizo profesional.

Así mesmo, recordou que a porcentaxe de dependentes atendidos por servizos profesionais non para de crecer. Así, a data do 31 de xullo de 2016, o 77,14% das persoas que están dentro do sistema de servizos á dependencia contan cunha atención profesional.

Durante a rolda de prensa do Consello, o presidente da Xunta subliñou que, con este incremento de novos usuarios, Galicia chega ás 20.800 persoas beneficiarias de libranzas e, por primeira vez, ás 50.000 persoas usuarias do Sistema de Atención á Dependencia, chegando a finais deste ano ás 52.000.

“Logramos que case 6000 dependentes reciban distintos servizos de teleasistencia e servizos de promoción, case o dobre que en 2009. Logramos que preto de 15.000 persoas teñan unha praza pública en residencias, centros de día e centros de día especializados, un 35 % máis que en 2009. Xa logramos que do Servizo de Axuda no Fogar (SAF-Dependencia) gocen máis de 20.700 persoas e somos a comunidade autónoma cunha maior porcentaxe de atención especializada a domicilio. Desde o ano 2009 triplicamos o orzamento destinado ao SAF-Dependencia de 20 a 60 millóns de euros e logramos que máis de 50.000 persoas vaian ter atención de dependencia a finais de ano, fronte ás 14.000 que había cando chegamos ao goberno”, dixo, reiterando o compromiso da Xunta de seguir avanzando no obxectivo da lexislatura de chegar ás 60.000 persoas atendidas.

Feijóo concluíu resaltando o obxectivo de que no primeiro trimestre de 2018 estean atendidas polo menos 55.000 persoas, co que a porcentaxe de atención incrementarase ata o 82,65%, por riba da media en España, que é do 74%.

21 de setembro de 2017 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.