publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta destina 820.000 euros para equipamento de emerxencias ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da cesión de equipamento de emerxencias ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil dos concellos de menos de 50.000 habitantes por importe de preto de 820.000 euros.

A Vicepresidencia da Xunta ten como prioridade dar a mellor resposta na atención ás emerxencias optimizando recursos e orzamentos, colaborando cos concellos en materia de protección civil , na prevención de riscos e na intervención ás emerxencias.

Nesta liña enmarcase esta orde de axudas que facilita ás Agrupación dun equipamento adecuado que posibilite e redunde nun mellor coñecemento das áreas de intervención ante determinadas emerxencias co fin de acadar un maior grado de seguridade para os seus membros e para a poboación afectada.

O material destinado aos concellos abarca dende todoterreos pick ups, ata remolques de emerxencias, embarcacións e bauis de salvamento, co obxectivo de facilitar una mellor atención ás emerxencias na nosa comunidade investindo fondos na prevención para poder ser máis e que os integrantes s das agrupacións estean mellor preparados e mellor dotados que nunca.

8 de setembro de 2017 | 13:16 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario