publicidade hoxe

A Xunta destina 18 millóns de euros en axudas a empresas de transformación e comercialización de produtos pesqueiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaCervoLocal PortadaLugo
A-
A+
Balseiro na visita a Frigomar

Balseiro na visita a Frigomar

A Consellería do Mar puxo este ano a disposición das empresas galegas dedicadas á transformación e comercialización de produtos pesqueiros axudas por valor de 18 millóns de euros.

Así o explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, durante a visita á empresa Frigomar Burela, emprazada no concello lugués de Cervo, que resultou beneficiaria destes apoios. Na visita tamén participou o alcalde da localidade, Alfonso Villares.

A través destas axudas a Xunta aposta por mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas introducindo procesos ou melloras tecnolóxicas que permitan conseguir un maior nivel de diversificación e diferenciación da súa oferta de produtos ou facelos máis competitivos no mercado.

Tamén incentiva aqueles investimentos que realicen as pemes no ámbito da sustentabilidade ambiental, mediante proxectos que contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no medio e que melloren a seguridade, a hixiene, a saúde e as condicións de traballo.

Estas achegas, que son cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), buscan xerar maior valor engadido na venta dos produtos pesqueiros transformados.

Frigomar Burela

Como exemplo práctico da utilidade destes apoios Balseiro visitou a empresa Frigomar Burela, que recibiu unha axuda de 218.553,5 euros con cargo á convocatoria de 2016, para impulsar o proxecto de melloras tecnolóxicas no final da liña de industria do procesado do pescado.

A empresa lucense Frigomar, que é froito da unión de catro empresas maioristas que levan máis de 40 anos operando desde o porto de Burela, desenvolve a súa actividade na elaboración e comercialización de peixe conxelado. En 2005 inaugurou as novas instalacións de procesado emprazadas no polígono de Cuiña (Cervo) con máis de 1.200 metros cadrados de salas de elaboración e 9.800 metros cúbicos de capacidade frigorífica.

21 de setembro de 2017 | 16:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.