publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica realiza 162 inspeccións para velar polo cumprimento da lei de prevención de bebidas alcohólicas en menores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo durante a pasada semana un total de 162 inspeccións de control, nun total de 53 dispositivos en 26 concellos galegos.

Por parte dos distintos grupos de Menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, nesta pasada semana realizáronse 53 dispositivos de control de menores en risco de desamparo (absentismo escolar e consumo de alcohol/tabaco e drogas en menores de idade), nos concellos da Coruña, A Merca, Arteixo, Baiona, Barreiros, Cartelle, Ferrol, Foz, Gomesende, Lourenzá Lugo, Ourense, Paderne de Allariz, Pontevedra, Pereiro de Aguiar, Quintela de Leirado, Ramirás, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, Santiago de Compostela, Taboadela, Teo, Tui, Verín, Vigo e Xinzo de Limia.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron identificadas 46 persoas e inspeccionadas 162 zonas de ocio, locais e centros comerciais. Levantáronse 5 actas de infracción: 3 por venda de alcol e 2 por consumo de drogas en menores.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

18 de setembro de 2017 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.