publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica identifica a un total de 41 persoas nun operativo contra o furtivismo en Porto do Son e Cabo de Cruz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoiroLocal PortadaPortada dereitaPorto do SonSucesos
A-
A+

A Policía Autonómica identificou a 41 persoas nun operativo contra o furtivismo levado a cabo en Porto do Son e Boiro.

Os axentes do grupo da ERPOL da Policía Autonómica en colaboración cos Gardacostas estableceron, na noite do martes, un operativo para o control do furtivismo nas praias de Porto do Son e Cabo de Cruz.

No transcurso do servizo rexístranse uns 20 vehículos, identificando a 41 persoas, as cales se atopaban extraendo distinto tipo de marisco (percebe, ameixa…) sen ningunha licenza. Foron tramitadas 10 actas de infracción á Lei de Pesca de Galicia.

7 de setembro de 2017 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.