publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica e axentes forestais esclarecen un incendio forestal en Ames

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAmesLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Xefatura da Policía Autonómica de Santiago, en colaboración con axentes forestais esclareceron un incendio no concello coruñés de Ames.

Axentes da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración co persoal do Distrito Forestal III-Santiago Meseta Interior, procederon á imputación dunha persoa xurídica, como presunta responsable dun incendio forestal ocorrido o pasado 18 de agosto na parroquia de Biduido, no concello de Ames, e que afectou a unha superficie aproximada de 0,29 hectáreas de monte arborado e que se iniciou por unha avaría nun poste de tendido eléctrico.

Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución en funcións de garda de Santiago de Compostela (A Coruña). No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas a 86 persoas por delitos relacionados con lumes nos montes galegos.

12 de setembro de 2017 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.