publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Policía Autonómica detén a un home por violencia de xénero en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica de Lugo informaron hoxe da detención dun home en Lugo por un delito de violencia de xénero contra a súa exparella.

Axentes do Grupo de Vioxen da Policía Autonómica de Lugo procederon á detención dun varón de 28 anos de idade por quebrantar a orde de afastamento de aproximación a menos de 300 metros da súa parella, ditada polo Xulgado de Instrución número 3 desa cidade.

Os policías que estaban a realizar o respectivo dispositivo de protección, detectaron a presenza da súa exparella nas inmediacións do domicilio da vítima, na cidade de Lugo, momento no que procederon á súa detención.

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 220 vítimas de violencia de xénero.

12 de setembro de 2017 | 17:18 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario