publicidade hoxe

A mostra “Olladas ao Camiño Inglés” inicia a súa itinerancia na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaLocal Portada
A-
A+

A Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panaderas, 12. A Coruña) acolle esta tarde, ás 19.30 horas, a inauguración da exposición “Olladas ao Camiño Inglés”, unha colección de augatintas debuxadas por José Manuel Yáñez sobre os elementos patrimoniais máis significativos deste itinerario xacobeo que une Ferrol e A Coruña.

O acto contará coa asistencia dos deputados de Turismo e Economía, Xosé Regueira e Antonio Leira, do concelleiro de Turismo da Coruña, Alberto Lema, e do autor da exposición, José Manuel Yáñez.

A exposición enmárcase dentro do amplo calendario actividades de potenciación e promoción do Camiño Inglés que está a desenvolver a Deputación da Coruña. Trátase de 34 obras enmarcadas en madeira de bidueiro cor natural, cun formato de aproximadamente 30 x 40 cm, con passepartou e cristal mais un rótulo que identifica cada un dos elementos patrimoniais ilustrados.
A técnica é debuxo a pluma acuarelado con tintas inglesas en gama cromática de ocres sobre papel Cnson Din A-4. Esta obra vai acompañada de tarxetóns de 10 x 30 cm con textos alusivos ás obras pictóricas.

Esta colección itinerante vai a percorer os diversos concellos da provincia da Coruña polos que transcorre o Camiño Inglés. Tras a súa estadía na Casa Museo Casares Quiroga, as próximas datas de exposición confirmadas serán Oroso (do 3 ao 15 de outubro) e Carral (do 16 ao 29 de outubro)

O autor

José Manuel Yáñez Rodriguez, arquitecto técnico, enxeñeiro de edificación e doutor en Historia da Arte. Actualmente é o xefe do servizo de arquitectura e mantemento da Deputación da Coruña.
Yáñez realizou numerosas exposicións individuais e colectivas de debuxo e pintura. Cunha dilatada experiencia universitaria na UDC na docencia do debuxo arquitectónico, a súa obra céntrase fundamentalmente no patrimonio construído: paisaxes urbanas e rurais, arquitecturas singulares do interior e do litoral, pero sen deixar de abordar outras composicións artísticas: mariñas, bodegóns, etc… en diferentes técnicas pictóricas.

12 de setembro de 2017 | 18:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.