publicidade hoxe

A Deputación de Lugo promove unha nova edición do curso de cans de pastoreo en Santa María de Cospeito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeitoLugo
A-
A+

O Goberno da Deputación promove unha nova edición do curso de adestramento de cans de pastoreo o vindeiro domingo, 24 de setembro, na parroquia de Santa María de Cospeito. O Executivo Provincial fai unha achega de 3.000 euros para a celebración desta actividade formativa, organizando seis cursos ao longo do ano.

Máis de 400 gandeiros procedentes de toda Galicia xa participaron nas anteriores edicións, recibindo formación de marcado carácter práctico sobre as técnicas claves no adestramento para labores de pastoreo de rabaños de cans da raza Border Collie.

Como en anteriores ocasións, o curso será impartido polo experto navarro Alejandro Ibarra Artús. As prazas dispoñibles son 10. Os interesados poden formalizar a súa reserva no teléfono 660541534 ou no correo victordagrelo@hotmail.com.

As actividades do curso de adestramento de cans de pastoreo, desenvolveranse en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 13:30 horas e de 15:00 a 19:00 horas.

21 de setembro de 2017 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.