publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Axencia Galega das Industrias Culturais impulsa con 16.000 euros o Festival da Luz de Boimorto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoimortoLocal Portada
A-
A+

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destina este ano unha achega de algo máis de 16.000 euros ao Festival da Luz en Boimorto, que terá lugar esta fin de semana no concello coruñés.

A sexta edición deste festival celebrarase esta vindeira fin de semana, do 8 ao 10 de setembro, na parroquia de Andabao baixo a coordinación da artista Luz Casal, orixinaria desta localidade. Durante o venres, sábado e domingo actuarán por unha causa solidaria en 5 escenarios diferentes máis de 40 formacións e solistas, entre os que destacan bandas consagradas como Mago de Oz, Siniestro Total, Rosendo ou Jarabe de Palo. A música galega tamén terá cabida, xa que soarán grupos como Treixadura, Os amigos dos músicos, Xoán Curiel ou a Banda de Música de Arzúa.

O Agadic destina este ano 390.000 euros a cofinanciar en Galicia un total de 20 festivais escénicos e musicais. A través destas axudas, a Xunta de Galicia busca contribuír á consolidación dun mapa galego de festivais de carácter profesional, así como a dinamizar a contratación artística e a creación de públicos nestes sectores culturais.

A orde pola que se rexen estas axudas establece que o 40 por cento do orzamento subvencionable debe corresponder á contratación artística no caso dos festivais de música e o 30 por cento nos escénicos.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, considera que “este tipo festivais constitúen un sector cultural estratéxico para Galicia e as subvencións da Agadic axudan a impulsar a súa profesionalidade”.

5 de setembro de 2017 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.