publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A actual carteira de pedidos constata a aposta do naval galego pola diversificación e a innovación como tarxeta de presentación e imaxe de marca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada esquerdaVigo
A-
A+
O titular da Xunta no acto de entrega do buque escola N/C 705 K.R.I Bima Suci

O titular da Xunta no acto de entrega do buque escola N/C 705 K.R.I Bima Suci

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a actual carteira de pedidos dos estaleiros galegos constata a aposta da industria naval galega pola diversificación e a innovación tecnolóxica como tarxeta de presentación e imaxe de marca.

Durante o acto de entrega no estaleiro Freire do buque escola N/C 705 K.R.I Bima Suci para o Ministerio de Defensa da República de Indonesia, Feijóo aseverou que o sector soubo facer da innovación e da diversificación a súa aposta de futuro, como proban os sete buques que neste primeiro semestre do ano saíron das gradas galegas. “Hoxe, falar do naval galego é falar de remolcadores, pesqueiros, buques oceanográficos, ferris, cruceiros de luxo ou eólica mariña”, salientou, incidindo en que a especialización tecnolóxica, reforzar o prestixio internacional e afianzar a súa competitividade son os compromisos do sector.

Así mesmo, lembrou que a renovación da flota pesqueira está a ser outro dos nichos de mercado, cun total de 12 buques en fase de construción en varios estaleiros galegos.

Ao longo da súa intervención, Feijóo resaltou que Galicia é a comunidade que actualmente lidera o número de contratos logrados en toda España: no primeiro semestre de 2017, o 47% dos contratos adxudicados ao sector en toda España foron firmados en Galicia. E a carteira de pedidos en vigor, representa algo máis do 40% do total de España.

O titular da Xunta asegurou que este buque escola que se entrega á Armada de Indonesia, o maior buque escola construído ata o momento na ría de Vigo, demostra a capacidade da Comunidade galega para liderar o sector en toda España e para competir en concursos internacionais altamente esixentes e gañalos.

Nesta liña, destacou que fixeron falta dous anos de traballo e preto de 300 traballadores para, hoxe, ver materializado todo ese esforzo neste buque de máis de 100 metros de eslora, con todos os servizos necesarios para os alumnos que van formar parte da súa tripulación.

12 de setembro de 2017 | 16:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.