publicidade hoxe

A 1ª Marcha Cicloturista de Lourenzá contará cun percorrido de 79 quilómetros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaLourenzáLugo
A-
A+
Presentación da 1ª Marcha Cicloturista de Lourenzá

Presentación da 1ª Marcha Cicloturista de Lourenzá

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, e a Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, xunto ao Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva Rivas, presentaron este mércores a 1ª Marcha Cicloturista deste municipio, que terá lugar este domingo, 10 de setembro. Trátase dunha pioneira cita neste Concello, que agarda consolidarse no calendario da Federación Galega de Ciclismo, ao tempo que promove os recursos naturais e turísticos deste enclave da Mariña.

Consiste nun percorrido en bicicleta de 79 quilómetros entre as montañas que rodean o Val de Lourenzá. Poden participar todos os interesados a partires dos 15 anos de idade, pois tamén hai unha proba cronometrada no treito final, que é de case 4 quilómetros, con premios para os mellores de cada categoría (júnior, sénior, máster…).

Ata o momento, hai preto de 70 persoas anotadas. As inscricións poden facerse en www.championchipnorte.com. O prezo é de 10 euros para os ciclistas con licenza federativa e de 26 euros para os non federados.

Goberno da Deputación e Concello promoven conxuntamente esta iniciativa mediante unha achega de 3.000 euros e dentro da súa aposta compartida polo impulso do turismo e do deporte para factores que dinamizan economicamente e social a provincia. Tamén colabora na organización o Clube Ciclista Viveiro.

Percorrido, proba e premios

A xornada arrancará o domingo, 10 de setembro, ás 09:30 horas, dende a Feira Nova. O percorrido estará sinalizado por Lindín, A Cadeira e O Picato. O treito final, que será o cronometrado, terá lugar dende Tovar ata a Cadeira, “un enclave único para todos os amantes do ciclismo que desexen desfrutar dunha xornada deportiva e de lecer”, apuntou a Alcaldesa. Este consta de case 4 quilómetros cun desnivel medio do 10%.

Haberá premios para os mellores de cada categoría na proba cronometrada: Júnior de 15 a 17 anos; Sénior de 18 a 29 anos; Máster-30 de 30 a 39 anos; Máster 40 de 40 a 49 anos; e Máster 50 de 50 anos en adiante.

Inscricións e xantar

O prezo da inscrición é de 10 euros para os ciclistas con licenza federativa e de 26 euros para os non federados. Os participantes que desexen xantar na vila ao final da marcha poderano facer aportando 5 euros máis á inscrición. O xantar celebrarase nas instalacións da Feira de Lourenzá. Inscrición aberta en www.championchipnorte.com.

6 de setembro de 2017 | 17:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.