publicidade hoxe

Vigo atópase entre as cidades españolas coa auga máis barata, segundo un estudo da OCU

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+

Caballero referiuse este mércores ao traballo elaborado pola organización de consumidores, que analiza a tarifa da auga nas 53 principais urbes e sitúa a Vigo entre as máis baratas. Ademais, o alcalde puxo en valor que, co prezo da conexión e do mantemento do servizo, se regalan trinta metros cúbicos de auga aos usuarios.

Segundo recordou este mércores o alcalde, a OCU estudou 53 cidades españolas para analizar o prezo da auga, un traballo que deixa a Vigo cunha tarifa máis económica que Murcia, Barcelona, Alicante, Palma de Mallorca, Cádiz, Huelva, Tarragona, Sevilla, Lleida, Valencia, As Palmas, Granada, Teruel, Córdoba, Albacete, Santa Cruz de Tenerife, Segovia, Almería, Oviedo, Santander, Málaga, Badajoz, Bilbao, Girona, Xaén, Huesca, Xixón, Cáceres, Madrid, Zaragoza, Zamora, Toledo, Cidade Real, Cuenca, Salamanca, Logroño e A Coruña.

“Vigo é máis barata que todas estas”, aseverou Caballero, quen engadiu que, polo prezo de Vigo, ademais “regalamos 30 metros cúbicos de auga; non os cobramos, o regalamos”. “É das augas máis baratas de España e amais regalamos 30 metros cúbicos de auga”, concluíu o alcalde vigués.

9 de agosto de 2017 | 14:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.