publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un total de 12 concellos e 4 fundacións benefícianse das axudas de cultura para a mellora dos seus arquivos

Os concellos de Mugardos, Viana do Bolo, Mondoñedo, Lousame, Pontedeume, Xermade, Bergondo, Cee, Mesía, Cervo, Vimianzo e Porto do Son, xunto coas fundacións Uxío Novoneyra, Xaime Isla Couto, Bautista Álvarez e Exponav son os entes locais e as entidades beneficiarios da liña de subvencións convocada en 2017 pola Secretaría Xeral de Cultura para a mellora dos arquivos de Galicia.

As axudas concedidas, que teñen como finalidade a realización de actividades de descrición de fondos documentais dos arquivos galegos, para favorecer a protección, a conservación e a difusión do patrimonio documental galego, van dos 2.905,94 euros aos 5.000 euros. A relación de beneficiarios pode consultarse no enlace http://arquivosdegalicia.xunta.gal/export/sites/default/arquivos-de-galicia/resources/descargas/Publicacixn_beneficiarios.pdf .

Os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas que conten cun local estable destinado a arquivo e custodien fondos documentais constitutivos do patrimonio documental de Galicia poden optar a estas subvencións promovidas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Favorecer a conservación e facilitar o acceso aos documentos

Os obxectivos principais desta convocatoria de axudas son, por unha banda, favorecer que os arquivos realicen axeitadamente as súas funcións e, por outra, que a cidadanía teña acceso á información contida nos documentos, para o que é preciso que estean dotados da infraestrutura e equipamento adecuados e que os seus fondos documentais estean organizados, en bo estado físico e mesmo reproducidos noutros soportes.

7 de agosto de 2017 | 13:18 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario