publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sol Vázquez salienta en Marín o papel dos centros comerciais abertos na dinamización do comercio de proximidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMarín
A-
A+

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, destacou esta mañá na inauguración do salón de oportunidades Saldomarín, organizada polo CCA Estrela de Marín, a importante labor que desempeñan os centros comerciais abertos na dinamización do comercio de proximidade, e salientou a implicación dos comerciantes en iniciativas como a que estes días se celebra na localidade pontevedresa.

Vázquez Abeal remarcou o esforzo da Xunta por modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade galego a través do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia, con 55 accións específicas articuladas arredor de tres grandes retos: afianzar un sector comercial renovado; impulsar o smart commerce e o comercio electrónico; e potenciar o comercio excelente, traballando na dinamización e a mellora continua.

Dentro desta estratexia, destacou o respaldo ao asociacionismo comercial, subliñando que se veñen de resolver as axudas do programa de apoio ás asociacións de comerciantes para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos. Dentro desta convocatoria resultaron beneficiarios tanto o Centro Comercial Local Estrela de Marín, que obtivo 40.000 euros, como a asociación de comerciantes da praza de abastos, cunha axuda de 9.800 euros.

4 de agosto de 2017 | 12:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.