publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Reforzo do firme da estrada PO-305 nas rotondas do Pousadoiro en Vilagarcía de Arousa

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá o inicio dos traballos de reforzo do firme na PO-305 ao seu paso polas rotondas do Pousadoiro no Concello de Vilagarcía de Arousa.

Deste xeito, os traballos consisten na rehabilitación superficial do firme e a sinalización horizontal, actuando na calzada existente nesta estrada que comunica os concellos de Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa, e que conta cunha intensidade media de circulación duns 5000 vehículos diarios. As obras de mellora execútanse entre os quilómetros 3 e 6 desta estrada, mellorándose tamén o asfaltado as rotondas que se atopan neste tramo.

Estas obras, segundo destacou Cores Tourís, consistiron no fresado e reposición do firme actual dado que se detectou certo deterioro no mesmo. “Deste xeito, seláronse as fisuras cunha aplicación de masilla a base de betún modificado e tamén con lechada bituminosa”, explicou o delegado territorial, quen matizou que tamén se reporá a sinalización horizontal, e limparase e perfilaranse as beiras desta estrada, executaranse cunetas de seguridade e reporanse as tapas de rexistro.

Estas obras forman parte dun proxecto de reforzo do firme localizado en varias estradas: a PO-300, a PO-305, a PO-549 e a VG.4.2, e “que teñen como obxectivo o mantemento e conservación destas vías autonómicas”. O orzamento global é de 650.000 euros.

Deste xeito, o delegado territorial destacou que este proxecto de mellora completa os que se estiveron a executar en estradas desta comarca e de concellos limítrofes nas últimas semanas, e que permitiron así reforzar outras estradas como a PO-226, a PO-548, a VG-4.1, a VG-4.7, a PO-309 e a PO-310, así como a PO-308. Esta obras supuxeron un investimento global de 850.000 euros.

Dentro de este proxecto de obras en estradas destaca as executadas na PO-531, mellorándose en diversos tramos situados nos concellos de Pontevedra, Vilagarcía e Barro.

7 de agosto de 2017 | 14:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.