publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Policía Autonómica e Axentes Forestais esclarecen un incendio forestal en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosVedra
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica de Santiago de Compostela, en colaboración con axentes forestais do distrito III Santiago Meseta Interior, informaron hoxe do esclarecemento dun incendio forestal no concello de Vedra.

O incendio ocorreu o pasado 18 de xullo, na parroquia de Ponte-Ulla. O lume orixinouse accidentalmente polas faíscas ou partículas desprendidas do sistema de freado dun tren. Afectou a 0,31 hectáreas de monte arborado. Polos feitos instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de instancia e instrución de garda de Santiago de Compostela.

Na actual campaña anti-incendios forestais do 2017, un total de 70 persoas foron detidas/investigadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de incendios forestais.

1 de agosto de 2017 | 14:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.