publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os gardacostas requisan máis de 600 útiles de pesca e 1.600 metros de artes de enmalle en varios controis

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereitaSucesos
A-
A+

Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, requisaron máis de 600 útiles de pesca en diversos controis realizados nos últimos días. Tamén se aprehenderon de 1.600 metros de aparellos de enmalle e ademais comisaron máis de 2.200 quilos de peixe e marisco.

A maioría dos útiles foron requisados na ría de Arousa, onde os gardacostas realizaron controis que se saldaron coa incautación de 403 útiles, de 1.400 metros de artes de enmalle e co comiso de preto de 190 quilos de distintas especies de peixe e marisco. O control máis destacado tivo lugar na zona sur da ría, nas inmediacións do Grove, e nel os axentes requisaron 166 nasas por estar sen identificar e en zona prohibida e 35 cacharros de polbo e comisaron 97 quilos de polbo.

A ría de Muros e Noia tamén foi escenario de distintos operativos nos que se comisaron 73 útiles e preto de dúas toneladas de peixe e marisco. Case toda a cantidade foi comisada nun control en Portosín, onde os axentes requisaron a unha embarcación 1.960 quilos de sardiña por exceso de cupo.

Por outra banda, na Costa da Morte, os axentes requisaron 49 nasas que estaban sen identificar e preto de 15 quilos de peixe e marisco. Ademais na ría de Corcubión incautaron 42 nasas por estar sen identificar e en zona prohibida e comisaron 11 quilos de polbo. A maiores, na Coruña, na praza de Lugo, os inspectores requisaron cinco quilos de cigala.

Na ría de Pontevedra as actuacións realizadas saldáronse coa incautación de 41 útiles, de 200 metros de artes de enmalle e co comiso de 8,5 quilos de distintas especies. Ademais, outras inspeccións realizadas na área da ría de Vigo, resultaron co comiso de 13 quilos de peixe.

9 de agosto de 2017 | 12:37 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario