publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Plan de transporte público de Galicia, con 800 liñas e 5.000 horarios e 10.000 paradas, mellorará os servizos aos cidadáns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaLocal PortadaPortada esquerdaRodeiro
A-
A+
Ethel Vázquez en Rodeiro

Ethel Vázquez en Rodeiro

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, acompañada polo alcalde de Rodeiro, Luís López, visitou hoxe este concello con motivo da implantación do novo Plan de Transporte Público de Galicia, que con case 800 liñas e preto de 10.000 paradas e preto de 5.000 horarios, permitirá reforzar e mellorar os servizos aos cidadáns, especialmente no rural.

A titular de Infraestruturas destacou que a tónica dominante nestas dúas xornadas está sendo a normalidade, con algunhas incidencias puntuais, como é lóxico e comprensible, porque todos os cambios requiren dun período de adaptación. En moitos casos, estas incidencias xa se teñen resolto; nalgunhas estase a traballar para ofrecer unha solución o máis axiña posible; ou para facer pequenos axustes que permitan mellorar o servizo.

O Goberno galego está a facer un seguimento continuo, exhaustivo, cos concellos e coas empresas, para minimizar os posibles contratempos que poidan xurdir nestes primeiros días e para que os usuarios teñan transporte para ir traballar, para desprazarse ao centro médico, para ir á vila cabeceira a facer xestións ou compras.

Ethel Vázquez salientou que o realmente importante é que, tras un intenso traballo e logo da dificultade que supuxo a renuncia por parte das empresas a case 600 liñas de autobús, hoxe está en marcha un Plan de Transporte Público que permite ofrecer e reforzar os servizos aos cidadáns, sobre todo no rural porque o novo modelo busca ofrecer máxima cobertura territorial, para levar o autobús a onde antes non chegaba.

A Xunta, a través deste plan, aposta por un novo modelo que pasa por un maior uso social dos recursos públicos e por aproveitar as sinerxías existentes. Así, os veciños de moitas pequenas parroquias de Galicia poderán aproveitar os asentos baleiros dos autobuses escolares para facer os seus desprazamentos cotiás; no que, por suposto, os nenos son o primeiro, cun bus escolar que incluso se poderá empregar nos períodos non lectivos baixo o servizo á demanda, con reserva previa.

Vázquez Mourelle puxo ao Concello de Rodeiro como exemplo de responsabilidade e vontade de colaboración co que se poden ofrecer servizos máis acordes ás necesidades reais dos veciños. Así, neste municipio, modificando puntos de saída e chegada ou horarios con respecto ao recollido nos proxectos, optimizaranse as diferentes liñas para garantir unha mellor combinación de horarios e rutas entre Rodeiro e Lalín, a cabeceira comarcal onde se concentran os principais equipamentos e servizos.

A conselleira concluíu que a clave do éxito do Plan de Transporte Público é traballar conxuntamente -Xunta, concellos e empresas-; para resolver as incidencias; ofrecer a máxima información por parte das empresas aos usuarios e facer aquelas adaptacións que supoñan un mellor servizo.

9 de agosto de 2017 | 14:36 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario