publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O filme ’9ondas’ chega á Cañiza e a Marín co Programa de dinamización lingüística Redecinema

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CañizaLocal PortadaMarín
A-
A+

O filme de produción galega 9Ondas chega mañá e pasadomañá aos concellos pontevedreses da Cañiza e de Marín, nos que se poderán gozar, con entrada libre e de balde ata completar a capacidade dos espazos, senllas proxeccións na Praza Maior, ás 22:30 horas, e na Praza do Reloxo, ás 22:00 horas, respectivamente. As citas enmárcanse na segunda edición do programa de dinamización lingüística Redecinema que está achegar ata setembro a 17 concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia promovido desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e que inclúe ademais outros dous títulos de (co)produción galega e en galego: A praia dos afogados e Maimiño e o espello máxico.

Proxeccións en 17 concellos durante o verán

Redecinema é un programa de dinamización lingüística que desenvolve os obxectivos do Plan xeral de normalización da lingua galega centrados na promoción da creatividade con base en galego e no aumento da oferta de produtos de cultura e de ocio no idioma propio de Galicia que chegará aos concellos de Abegondo, Boimorto, Boiro, Noia e Vedra, na provincia da Coruña; Foz, Mondoñedo e Taboada, en Lugo; Celanova, O Carballiño e O Pereiro de Aguiar, en Ourense e mais A Cañiza, Marín, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo e Soutomaior, en Pontevedra. O calendario de proxeccións xa está dispoñible no Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal/redecinema ) e mais na Axenda de Cultura de Galicia.

A iniciativa persegue promover o uso do galego nas actividades lúdicas e de lecer; visibilizar a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos; potenciar creadores e dinamizadores galegos e favorecer a incorporación da nosa lingua á programación das actividades para o verán realizadas polos concellos, ademais de apoiar e promover a industria cultural, nomeadamente a audiovisual galega e en galego.

Rede de Dinamización Lingüística

Os destinatarios do programa Redecinema son os concellos pertencentes á RDL, un proxecto compartido entre a Administración autonómica e local, no que tamén participan outras entidades que redundan na promoción do uso social do idioma propio de Galicia, co que se busca impulsar e reforzar as iniciativas de difusión do galego desde o ámbito local. Os seus principais obxectivos son os de promover a cooperación e a coordinación das actuacións en materia de dinamización lingüística e optimizar os recursos dispoñibles para levala adiante.

24 de agosto de 2017 | 14:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.