publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O DOG publica as axudas para incentivar con ata 10.000 euros nas pemes a contratación indefinida de desempregados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

A Xunta abrirá o luns o prazo de solicitude das axudas ás que destina este ano máis de 1,5 millóns de euros para incentivar nas pequenas e medianas empresas galegas a contratación de desempregados maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego e de persoas en risco de exclusión social. A Consellería de Economía, Emprego e Industria financiará con este programa, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive.

A contía das axudas poden alcanzar os 10.000 euros para as contratacións indefinidas iniciais. Os apoios incrementaranse nun 25% para os colectivos con maiores dificultades para atopar un emprego como son as mulleres, as persoas con discapacidade, pertencentes a unha unidade familiar con todos os seus membros en paro ou se a empresa está emprazada no rural.

No caso do programa dirixido a persoas en risco de exclusión social, ademais das contratacións indefinidas, tamén se incentivará a contratación temporal dunha duración mínima de seis meses cunha contía que pode oscilar entre os 2500 e 5000 euros.

Esta convocatoria ten como obxectivo principal o incremento da estabilidade laboral de Galicia e, por iso, a contratación indefinida inicial pola que a peme solicita a axuda ten que incrementar o cadro de persoal fixo e neto da compañía con respecto á media dos tres meses anteriores ao da contratación.

A iniciativa forma parte da Axenda 20 para o Emprego coa que o Goberno galego, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, destina este ano 22 millóns de euros para promover a integración e calidade no traballo dos colectivos máis vulnerables. Así mesmo, a medida forma parte do programa para impulsar o emprego inclusivo co que a Xunta con 7,6 millóns de euros prevé beneficiar este ano a 900 persoas en risco de exclusión social.

11 de agosto de 2017 | 14:17 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario