publicidade hoxe

Muras celebra a súa primeira edición dos Cantos de Taberna

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoMuras
A-
A+

O Deputada de Cultura, Pilar García Porto, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo Arnejo, e aos Concelleiros, Belén Chao Ramil e Mario Rouco Rey, presentaron este xoves no Concello de Muras, a 1ª Edición dos Cantos de Taberna da localidade. Trátase dunha iniciativa lúdico-festiva que conta coa colaboración do organismo provincial, que terá lugar o sábado 12 de agosto en 4 tabernas da localidade.

García Porto explicou que “decidimos achegar un total de 3.000 euros á celebración deste evento por tratarse dunha iniciativa de carácter lúdico, coa que se dinamiza turisticamente o Concello, pois é un reclamo para toda a zona. A través desta colaboración, continuamos a promocionar o sector turístico lucense, tal e como acordamos no Plan Estratéxico. Esta iniciativa servirá ademais para xerar riqueza e impulsar a economía local, nun dos meses nos que Muras conta con máis veciños.”

Manuel Requeijo agradeceu a implicación da Deputación neste novo proxecto e convidou a todos os visitantes a achegarse o día 12 ata Muras, “para que coñezan o noso rico patrimonio arqueolóxico, paisaxístico, natural e por suposto que ao mesmo tempo, poidan desfrutar da nosa gastronomía e das nosas actividades de lecer”, destacou.

Programación

A 1ª Edición dos Cantos de Taberna de Muras arranca o día 12 de agosto ás 18:00 horas na parroquia do Viveiró. Concretamente nas dúas tabernas da zona, Casa Victor e Casa Cándida. E a partir das 20:30 horas a festa trasladase a Muras; no Bar A Volta e Café-Bar Santi. Esta xornada estará amenizada polos grupos Os Feroces de Galgueira e Entre Lusco e Fusco.

4 de agosto de 2017 | 14:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.