publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Medio Rural achegou máis de 1,8 millóns de euros á denominación de orixe Ribeira Sacra en 10 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, inaugurou hoxe o I Túnel do Viño de Amandi, referencia dos viños da Denominación de Orixe (DO) Ribeira Sacra, que recibiu durante os últimos 10 anos unha axuda directa de máis de 1,8 millóns de euros gracias ao apoio que o Consello Regulador ten por parte da Consellería de Medio Rural.

Neste acto, onde participaron 30 adegas con 53 vinos, a directora xeral destacou a calidade desta DO e a importancia do produto estrela deste túnel na economía do municipio lugués de Sober, poñendo de manifesto que o mercado exterior reclama cada vez máis os viños desta zona. Nesta liña, Medio Rural achegou o pasado ano 164.000 euros para programas de produción e promoción desta Denominación de Orixe.

Ademais, a directora xeral animou aos produtores da zona a continuar co seu traballo para impulsar os produtos de calidade de Galicia, tecnificando a súa elaboración pero respectando as bases da tradición e a vinculación co territorio para a súa elaboración e que non se perda así a esencia do produto.

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra abarca 20 municipios das ribeiras do Miño e do Sil, que se sitúan no sur da provincia de Lugo e no norte da de Ourense. Comprende máis de 2.000 viticultores e 89 industrias, que lograron un volume de produción de case 5,6 millóns de quilos no ano 2016 cun valor económico estimado de 32 millóns de euros.

11 de agosto de 2017 | 14:50 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario