publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Luis Menor avalía as liñas de colaboración abertas co concello de Noia en materia de Policía Local e Protección Civil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNoia
A-
A+

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, reuniuse hoxe co alcalde de Noia, Santiago Freire, para coñecer de primeira man as demandas e necesidades da Policía Local e da agrupación de Protección Civil do concello, así como para facer balance das liñas de colaboración abertas entre a administración autonómica e a local nesta materia.

Durante o encontro, Menor informou de que a Xunta está actualmente avanzando no decreto que desenvolverá o acordo acadado entre o Goberno galego e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para centralizar na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) os procesos selectivos para a Policía Local dos concellos que voluntariamente desexen delegar esta competencia. O concello mostrou o seu interese en adherirse a esta iniciativa cando estea operativa.

O obxectivo desta medida é favorecer a calidade dos procesos selectivos, asegurar a cobertura das prazas solicitadas e en definitiva acadar unha policía local cada vez máis profesional e competitiva que garde os dereitos dos cidadáns o máis profesionalmente posible.

Ademais desta novidade, a Administración autonómica mantén outras liñas de colaboración cos corpos de Policía Local. Así, por exemplo, en 2015 a Xunta cedeu a Noia unha motocicleta tipo trail para o seu uso por parte deste corpo de seguridade.

Na reunión tamén abordaron as necesidades da agrupación de Protección Civil de Noia, unha das máis antigas de Galicia. Ao respecto, Menor lembrou que nos últimos anos o Goberno galego vén facendo un esforzo moi importante en materia de colaboración con estas agrupacións de voluntarios. Así, desde 2015, ten investido máis de 9 millóns de euros en aportar ás agrupacións galegas material necesario para a súas intervencións como embarcacións, vehículos pick up, ou equipos de excarceración. En concreto, a agrupación de Noia recibiu un furgón loxístico e un remolque de emerxencias.

Este esforzo continúa este ano. De feito, xa están en marcha diversos procesos para a compra de material por valor de máis de 1,5 millóns de euros.

25 de agosto de 2017 | 14:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.