publicidade hoxe

Licitada a redacción do proxecto do primeiro centro integral de saúde de Galicia, no barrio da Residencia en Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoLugo
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a licitación da contratación do servizo de redacción do proxecto e da dirección de obra de construción dun centro integral de saúde do barrio da residencia de Lugo. Esta nova instalación contará cun centro de saúde mental, un centro de saúde e un Punto de Atención Continuada (PAC) no antigo hospital materno infantil.

Esta contratación terá un orzamento de 140.353,68€ (co IVE engadido) e contará cun prazo de execución de catro meses. O acceso ao prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e ao prego de prescricións técnicas desta contratación poderán consultarse no perfil do contratante, na páxina do Servizo Galego de Saúde http://www.sergas.es/ , así como a documentación necesaria para presentar as proposicións en os criterios de valoración.

O prazo para presentar proposicións é de 15 días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

O futuro centro do barrio da Residencia en Lugo será o primeiro centro integral de saúde de Galicia e contará cun investimento de máis de sete millóns de euros e cunha superficie de más de 5.600 metros cadrados de actividade sanitaria, convertíndose no maior centro non hospitalario feito no Servizo Galego de Saúde nos últimos anos.

22 de agosto de 2017 | 14:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.