publicidade hoxe

Inaugúranse as novas instalacións do Náutico da Toxa, valoradas en máis dun millón de euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO Grove
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán, inauguraron hoxe as novas instalacións do Club Náutico da Illa da Toxa. Ao acto tamén asistiu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

O investimento realizado superou o millón de euros e permitiu a habilitación de 59 plazas de amarre, distribuídas da seguinte forma: 17 para embarcacións de oito metros, 17 de 10 metros, 16 de 12 metros, dous de 14 metros, dous de 16 metros e cinco de 18 metros.

A nova infraestrutura foi financiada integramente polo club náutico, promotor das instalacións, que xestionará a través dunha concesión de Portos de Galicia. A superficie ocupada en terra polas novas instalacións abarca 1.403 metros cadrados e a da lámina de auga, 9.954.

4 de agosto de 2017 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.