publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Identifican a 18 furtivos extraendo ameixa sen permiso en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaRianxoSucesos
A-
A+

Axentes da Policía Autonómica integrados no Equipo de Resposta Policial (Erpol) estableceron un operativo contra o marisqueo furtivo na zona de Rianxo na noite do 9 ao 10 de agosto.

No transcurso do servizo identificouse a 18 persoas que se atopaban extraendo ameixa sen ningún tipo de licenza, polo cal se tramitaron 16 actas de infracción. Os axentes incautaron 100 quilos de ameixa e o material utilizado para recollela, como sachos e rastrelos.

O molusco comisado sementouse novamente no lugar polos policías actuantes.

10 de agosto de 2017 | 14:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.