publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido o incendio forestal rexistrado en Monterrei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonterreiPortada dereitaSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Flariz.

Segundo as últimas estimacións, este lume afectou unha superficie total de 190,08 hectáreas de monte raso. O incendio comezou ás 19,23 h. do pasado venres e quedou finalmente extinguido ás 20,47 h. de onte. Na súa extinción traballaron 2 técnicos, 21 axentes, 50 brigadas, 26 motobombas, 1 pa, 11 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

2 de agosto de 2017 | 13:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.