publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Educación convoca os premios para recoñecer o esforzo e superación de 20 alumnos de ESO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada esquerda
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria dos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2016/17, cos que se recoñece o traballo de 20 alumnas e alumnos que conseguiron superar as súas dificultades de tipo persoal, educativas ou do contorno familiar ou sociocultural, no marco dun ensino comprensivo e integrado.

A partires da publicación da convocatoria, que pode consultarse no enlace https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170807/AnuncioG0164-260717-0001_gl.html , os centros poderán propoñer para os galardoados os estudantes que reúnan as devanditas condicións e que durante o pasado ano académico cursaron 4º de ESO no réxime ordinario en calquera dos centros educativos galegos.

Cada premio estará dotado con 750 €, aínda que o seu obxectivo real é que os galardoados sexan un exemplo para compañeiros e compañeiras en situacións similares, poñendo en valor o especial esforzo que supón acadar o éxito na escola para os estudantes que proceden de contornos socioculturais desfavorecidos, de contornos familiares disfuncionais, en proceso de superación de enfermidades crónicas ou con discapacidades que condicionan o seu rendemento escolar, a súa relación persoal e a súa inserción social.

7 de agosto de 2017 | 13:20 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario