publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Desactivada a Situación 2 no incendio forestal de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosVerín
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa da desactivación da Situación 2 ás 13,20 horas no incendio rexistrado no concello ourensán de Verín, parroquia de Vilamaior, ao non haber perigo para os núcleos de poboación da zona afectada.

Este incendio comezou ás 16,30 horas de onte e evoluciona favorablemente. No seu control levan traballado cinco técnicos, 38 axentes, 74 brigadas, 50 motobombas, seis pas, 14 helicópteros e nove avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), do Grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) de Laza e bombeiros comarcais da zona. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 1.200 hectáreas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

4 de agosto de 2017 | 14:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.