publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cores Tourís entrega un novo vehículo contra incendios forestais ao Concello de Cerdedo-Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoCotobadeLocal Portada
A-
A+
Cores Tourís na entrega do novo vehículo

Cores Tourís na entrega do novo vehículo

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, fixo entrega esta mañá dun vehículo contra incendios forestais ao Concello de Cerdedo-Cotobade no parque de maquinaria da Administración autonómica na cidade do Lérez.

Os camións foron recollidos polo presidente-alcalde do municipio, Jorge Cubela, sendo acompañados no acto polo xefe territorial de Medio Rural, Antonio Crespo, e do xefe do Servizo Contra Incendios, Manuel Francisco.

O vehículo entregado hoxe ao concello do Baixo Miño conta cunha capacidade 4.000 litros, 400 metros de mangueiras, tres lanzas, extintores, mangotes de carga para os puntos de auga, material de mantemento, espumóxenos e equipos de comunicación co novo sistema dixital Tetra.

A Administración autonómica, segundo destacou o delegado territorial, continúa a colaborar coa achega deste material, cos concellos de cara a que facilitar a súa colaboración nas tarefas de prevención e loita contra os incendios forestais.

“Con estes este camión, destinados ao Concello de Cerdedo-Cotobade, no distrito XIX, seguimos a achegar vehículos de loita contra o lume aos distintos concellos da demarcación territorial da Delegación de Pontevedra”, explicou Cores Tourís, quen matizou que recentemente tamén se fixo entrega de camións similares aos concellos de A Lama e Portas, no distrito forestal XIX, así como a Dozón e Silleda, do distrito XVI, e ao concello de Oia, no distrito XVIII.

“A aportación deste tipo de vehículos realízase en base ás solicitudes de cesión de réxime de propiedade dos concellos, que poden destinalos a fins de utilidade pública ou de interese social”, matizou o delegado territorial, “aínda que de xeito prioritario, o seu uso está destinado á realización da vixilancia e de todo tipo de actuacións relacionadas coa prevención e a loita contra os incendios forestais”.

E por outra banda, tendo en conta que o pasado 21 de xuño do 2017, a Consellería de Medio Rural determinou por Orde a época de perigo alto e que condiciona a intensidade de medidas que se adoptan para o defensa do territorio de Galicia, e nesta época onde o despregamento de medios de extinción debe ser máximo, complementándose así o dispositivo de Pladiga 2017.

11 de agosto de 2017 | 14:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.