publicidade hoxe

Cervantes reciben nun ano 850.000 euros para melloras en infraestruturas, dotacións públicas e servizos sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervantesLugo
A-
A+

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Cervantes, Benigno Gómez Tadín, informou este martes sobre o investimento de 851.100 euros, que o Executivo Provincial achegou a este municipio para o impulso de dotacións públicas e infraestruturas, así como a xeración de emprego e a mellora dos servizos sociais dos 1.400 veciños deste municipio. Foron 557.000 euros do orzamento de 2016 e 294.133 os destinados, polo de agora, do presuposto deste ano.

Para melloras en infraestruturas, o Executivo Provincial levou nun ano a Cervantes 474.000 euros. Campos Conde e Gómez Tadín supervisaron os traballos, xa rematados, ou a piques de facelo, de vías municipais en Ferreiradevés, Piornedo, Souto, Vilartaorto, Degrada; Vilar de Mouros; Río do Castro e Cabanas Antigas. O Presidente avanzou que nas vindeiras semanas comezarán as obras de arranxo da estrada municipal de Sevane-Quindous e as melloras en accesos a San Miguel, Vilaspansate, Vilarello da Igrexa, San Martiño de Cereixido, Cela, ou Mazo, entre outros.

O Presidente e o Alcalde supervisaron tamén os traballos de mellora que se están a realizar na Ponte Casas do Río. Trátase dunha ponte que serve de nexo de unión da localidade de Cervantes con 8 núcleos rurais, nos que viven máis de 130 veciños; así como a unha explotación gandeira. Os núcleos son os seguintes: Bazal, Vilaspasante, Vilapun, Viladeite, Vilarguite, Teixeira, Pintinidoira e As Covas. Os traballos consisten na demolición dun dos pasos, na colocación de novos estribos, na instalación dun novo taboleiro e na mellora da capacidade hidráulica.

180.000 euros para novas dotacións públicas

O Goberno da Deputación achegou outros 180.000 euros para melloras en dotacións públicas municipais como alumeados ou traídas de auga, entre outros. Do total, son 18.500 euros os que o Goberno da Deputación achega á mellora da rede de alumeado público en Vilaver, Cela e Vilarello, beneficiando directamente aos máis de 125 veciños que viven nesta zona.

Con outros 70.000 euros, o Executivo Provincial dotou dun novos sistema de iluminación á zona do Piornedo, concretamente instaláronse 30 luminarias que contarán con 964 metros de condución eléctrica. O Goberno da Deputación achegou ¡ 91.400 euros á asociacións de veciños do Concello que permitiron o acondicionamento de accesos a núcleos rurais e locais sociais en varias parroquias do Concello.

9 novos empregos

O Rexedor Provincial avanzou que “nun ano investimos no Concello de Barreiros máis de 133.000 euros, cos que xeramos un total de 9 postos de traballo, 4 no 2016 e 5 este ano”. Estes novos empregos creáronse a través do DepuEmprego e o Ben Empregado, cos que o Goberno da Deputación asume os custos laborais de novos profesionais, que traballan en empresas da zona e no propio Concello, reforzando os servizos públicos municipais. Por exemplo, a través do DepuEmprego contratouse a un peón de obras e a un tractorista.

Atención profesional nun ano a 22 maiores

O Goberno da Deputación destinou nun ano 50.000 euros á xeración dunhas 80 prazas de Servizo a domicilio para non dependentes e Teleasistencia gratuíta porque a Xunta non ofrece estas prestacións. Actualmente, este investimento permite a contratación de asistentes sociais, que prestan máis de 3.687 horas de atención a 22 maiores de Cervantes á espera de novas altas este ano.

Dinamización económica e social

O Goberno da Deputación achega nun ano máis de 13.000 euros ao Concello de Barreiros para a realización de actividades lúdico-culturais e deportivas durante todo o ano, como por exemplo o Día do Libro, o encontro de Pandeiras, as actividades das escolas deportivas ou as Festas Patronais.

2 de agosto de 2017 | 14:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.