publicidade hoxe

As confrarías da zona norte da provincia da Coruña xestionan 440.200 euros en proxectos de mellora medioambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaA CoruñaCedeiraFeneFerrolLocal PortadaMiñoMugardosOrtigueiraPontedeume
A-
A+

A Xunta de Galicia destinou nos últimos dous anos 440.200 euros en axudas a proxectos de carácter medioambiental liderados polas confrarías das rías da Coruña, Ares-Betanzos, Ferrol, Cedeira e Ortigueira. Deste orzamento, un total de 211.181 foron investidos en 2016 e 229.019 neste ano 2017. Nesta rías, as confrarías que participan neste programa foron as de A Coruña, Miño, Espasante (Ortigueira), Pontedeume, Ferrol, Cedeira, Barallobre (Fene) e Mugardos.

Trátase dunha orde bianual, que está dotada en total con máis de 3,1 millóns de euros a repartir entre 26 confrarías da provincia da Coruña. Conta co financiamento do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e está destinada a proxectos que contribúen á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos e dos ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, explicou que as achegas buscan que a Consellería do Mar e as confrarías leven a cabo un seguimento conxunto das actuacións e tomen as medidas oportunas para o seu correcto desenvolvemento. “Deste xeito, a Xunta traballa conxuntamente co sector na defensa do medio mariño con medidas de xestión e de apoio aos profesionais que permitan acadar a máxima rendibilidade sen poñer en perigo a conservación do recurso e do seu medio”, apuntou.

23 de agosto de 2017 | 11:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.