publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Amplíase con máis de 515.000 euros o fondo de compensación ambiental para concellos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGaliciaPortada dereita
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a ampliación da liña de concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para concellos.

En concreto, o orzamento desta orde de axudas increméntase en algo máis de 515.000 euros. Deste xeito, o total da convocatoria supera agora os 9 millóns de euros: 6,3 millóns da liña de concorrencia non competitiva e preto de 3,2 millóns da liña competitiva que se amplía hoxe.

O obxectivo desta incremento é dar cobertura a máis solicitudes presentadas polos concellos, pero non se amplía o prazo de presentación de solicitudes nin se inicia un novo prazo para resolver.

A través do Fondo de Compensación Ambiental benefíciase desde hai xa sete aos concellos galegos que teñen explotacións eólicas, así como aos seus cidadáns. A orde, que se financia a través do coñecido como canon eólico, ten como finalidade a execución de actuacións globais destinadas á conservación, reposición e restauración do ambiente e reequilibrio territorial.

10 de agosto de 2017 | 13:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.