publicidade hoxe

Actividades fluviais gratuítas durante a fin de semana na Pontenova, Guitiriz e Trabada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA PontenovaGuitirizLocal PortadaLugoTrabada
A-
A+

O Goberno da Deputación leva á Pontenova, Guitiriz e Trabada durante a fin de semana a súa programación de actividades fluviais gratuítas, que ofrece a todos os públicos e leva a todas as zonas da provincia, no marco do Plan Estratéxico de Turismo. Así, mañá, sábado, a zona de baño Pozo da Ola da Pontenova acollerá unha nova sesión lúdica dende as 17:00 e ata as 20:00 horas. Tamén mañá terá lugar unha nova actividade na Área Recreativa de Parga, en Guitiriz, entre as 16:00 e as 19:30 horas. Xa o domingo, as actividades continuarán na Ría de Abres, no Concello de Trabada, en horario de 16:00 a 19:00 horas.

As actividades inclúen atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs… animacións musicais ou xogos populares. Cada sesión, que ten unha duración de entre tres e catro horas, conta coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, que se encargan do coidado e atención dos participantes para garantir unha actividade divertida e segura. As persoas que non saiban nadar terán que ir acompañadas.

Balance e próximas citas

Máis de 1.000 persoas participaron nas 7 primeiras actividades celebradas nos Concellos de Ribeira de Piquín, Navia de Suarna, Vilalba, Negueira de Muñiz, Ribas de Sil, Chantada, Monforte e Sarria. 72 foron en Ribeira de Piquín; 212 en Navia de Suarna; 96 en Vilalba, 48 en Negueira de Muñiz, 223 en Ribas de Sil, 120 en Chantada, 100 en Monforte e 135 en Sarria.

As próximas citas son:

A Pontenova – 26 de agosto – Pozo da Ola (17:00 a 20:00 horas).
Guitiriz – 26 de agosto – Área recreativa de Parga (16:30 a 19:30)
Trabada – 27 de agosto – Ría de Abres (16:00 a 19:00 horas).
Portomarín – 1 de setembro – Náutico (16:00 a 19:00 horas).
Lugo – 2 de setembro – Club Fluvial (16:00 a 20:00).

25 de agosto de 2017 | 14:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.