publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta investirá máis de 57.000 euros para mellorar espazos públicos e o sistema de alumeado no concello de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMarín
A-
A+
Alfonso Rueda na reunión coa alcaldesa de Marín

Alfonso Rueda na reunión coa alcaldesa de Marín

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, reuníuse esta mañá coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, para abordar a colaboración do Goberno galego en distintas actuacións de mellora de espazos públicos e infraestruturas do concello. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, tamén participou nesta xuntanza de traballo.

En concreto, o Goberno galego investirá este ano máis de 57.000 euros para colaborar no proxecto de mellora do alumeado público exterior da rúa Inferniño e na recuperación da praza da Banda do Río. Ambas actuacións financiaranse a través do Fondo de Compensación Ambiental e da orde de infraestruturas, respectivamente.

No primeiro caso, a subvención concedida ascende a preto de 31.000 euros e permitirá renovar a instalación do alumeado público existente, e ampliar a súa instalación ata o Cemiterio municipal. Este proxecto derivará tamén nun aforro enerxético e económico, e nunha mellora medioambiental, ao apostar por fontes de luz máis eficientes como a tecnoloxía LED.

Por outra banda, a axuda para recuperar a praza da Banda do Río ascenderá a pouco máis de 26.000 euros. Grazas a este investimento, o concello de Marín poderá humanizar e poñer en valor este espazo público, ao dotalo de bancos, xardiñeiras e iluminación. Tamén acometerá as actuacións necesarias para que cumpra coa normativa en materia de accesibilidade.

Deste xeito, grazas a colaboración entre a administración autonómica e a local, é posible levar a cabo actuacións que, a pesares de non ser de gran envergadura, son útiles e redundan directamente na mellora do benestar e calidade de vida da veciñanza.

Estas actuacións fináncianse ao abeiro de iniciativas como o Fondo de Compensación Ambiental, dotado para 2017 con máis de 9 millóns de euros, que permitiu que uns 150 concellos se beneficien das explotacións eólicas a través do canon; e á orde de Infraestruturas que facilita que as entidades locais executen actuacións que serían moi difíciles de acometer en solitario.

8 de agosto de 2017 | 14:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.