publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta financiará con 1 millón de euros a recuperación de vivendas nas ARI de oito concellos lucenses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoPortada dereita
A-
A+

A Xunta financiará con preto de 1 millóns de euros a recuperación de vivendas nas Áreas de Rehabilitación Integral (ARI) de oito concellos lucenses. Desta cifra total, case 660.000 euros son achegados polo Ministerio de Fomento e 266.000 euros polo Goberno galego.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que os beneficiarios finais dos fondos serán os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazados no ámbito das Áreas de Rehabilitación Integral, que recibirán axudas a fondo perdido para as actuacións que realicen. Tamén se poderán beneficiar das axudas os propios concellos para a realización de actuacións de urbanización e reurbanización no ámbito das ARI. Ademais, a Xunta, con fondos propios, financia as oficinas de rehabilitación municipais

Balseiro indicou que os concellos que recibirán novos fondos para as áreas de rehabilitación na provincia son os de Chantada, Lourenzá, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Quiroga, Sober, Viveiro e Ribadeo, este último con dous ARI -no conxunto histórico e en Rinlo-.

O delegado afirmou que as áreas de rehabilitación resultan “instrumentos esenciais na recuperación de conxuntos urbanísticos de valor singular, mobilizan importantes investimentos que dan como resultado a mellora da estética do núcleo e da calidade de vida dos veciños e veciñas”.

Na provincia de Lugo, a distribución dos investimentos recentemente aprobados pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda é a que se relaciona na seguinte táboa.

Chantada: 107.775
Lourenzá: 91.592,52
Mondoñedo: 128.406,07
Monforte de Lemos: 128.229,53
Quiroga: 85.486,35
Ribadeo: 91.966,37
Sober: 170.972,71
Viveiro: 120.877,20
TOTAL: 925.305,75

8 de agosto de 2017 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.