publicidade hoxe

A Xunta finaliza a construción dunha senda peonil nas beiras da estrada AC-400 no lugar do Castiñeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTordoia
A-
A+

A Xunta rematou a construción dunha senda peonil no lugar do Castiñeiro, entre os quilómetros 30,9 e 31,4, no concello coruñés de Tordoia. Esta contou cun orzamento de licitación de 60.493 euros, cofinanciados con Fondos Feder 14/20.

Nesta actuación construíronse 480 metros de senda de formigón coloreado pola marxe dereita da estrada AC-400, concretamente, dende a intersección á altura do Casal, conectando coa beirarrúa existente no lugar do Castiñeiro. Esta infraestrutura ten un ancho de 1,8 m e compleméntase cos elementos necesarios para a recollida das augas de drenaxe. A actuación responde a unha solicitude realizada polo Concello de Tordoia para a construción dunha senda peonil desta zona do municipio.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda está a promover sendas útiles, sustentables e saudables para que os veciños poidan empregar as estradas de xeito seguro e accesible, ao tempo que mellora a seguridade de todos os usuarios da vía.

O Plan de sendas de Galicia concreta a construción de 170 novos quilómetros de itinerarios peonís. O Goberno galego, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, destinará este ano un total de 10,5 millóns de euros ao Plan, que xa dispón de 40 proxectos aprobados.

O delegado territorial da Xunta na Coruña. Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá os traballos acompañado polo alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares, e sinalou que “este plan ten como obxectivo incrementar a seguridade de peóns e ciclistas, posto que son os usuarios máis vulnerables das estradas, ao tempo que busca promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular”.

31 de agosto de 2017 | 14:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.