publicidade hoxe

A Xunta apoia o oficio tradicional da olería colaborando na XXIII mostra de Alfaroleiros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

A directora xeral de Comercio e Consumo, asistiu hoxe xunto coa xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, á inauguración da XXIII edición de Alfaroleiros que se celebra ata o domingo 6 de agosto na vila de Santa Cruz de Oleiros (A Coruña).

Tal e como apuntou Vázquez Abeal, este encontro destaca pola súa relevancia como punto de encontro para os profesionais do oficio da olería e como dinamizador económico e cultural da comarca e do sector artesanal galego.

A feira, que chega neste ano á súa vixésimo terceira edición, é organizada polo Concello de Oleiros e conta tamén coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Neste encontro, ademais de demostración e venda de produtos de 27 expositores do oficio da olería, o programa inclúe obradoiros de artesanía, actuacións musicais como o concerto de Los Mecánicos Band Full Equipe; Son galego, son cubano ou a agrupación The Revival Stompers, xogos tradicionais para os mais cativos, proxección de películas e espectáculos de circo e teatro.

A colaboración coa organización destas actividades de impulso á conservación dos oficios artesanais tradicionais forma parte da estratexia da Xunta en materia de artesanía xa que a recuperación, o mantemento e a divulgación dos oficios artesanais tradicionais constitúe unha ferramenta de dinamización social e de divulgación da nosa cultura, ademais de establecer referentes para os novos profesionais que se achegan ao sector artesanal galego.

2 de agosto de 2017 | 14:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.