publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A XII Festa da Comunidade reunirá a centos de persoas en Quiroga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaLugoQuiroga
A-
A+

A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, xunto ao Alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, e o Concelleiro de Cultura, José Luis Rivera Castro, presentou este xoves a XII Festa da Comunidade de Quiroga, que terá lugar o venres día 11 de agosto a partir das 21:30 horas no Parque da Constitución deste municipio do sur da provincia de Lugo.

Esta cita enmárcase na programación das Festas do Verán que organiza o Concello de Quiroga en colaboración co organismo provincial, que achega 8.000 euros para a Festa da Comunidade, así como para concertos e representacións teatrais, co obxectivo de dinamizar a vida lúdica e cultural do municipio durante o período estival.

López Izquierdo subliñou que “este tipo de iniciativas constitúen un impulso turístico para os Concellos de interior no período de verán, ofrecendo alternativas culturais e gastronómicas ao turismo de sol e praia. Por iso, consideramos que debemos apoiar a celebración de citas como a Festa da Comunidade de Quiroga, que reunirá a centos de persoas, dinamizando a economía do Concello”.

Programa

A XII Festa da Comunidade de Quiroga dará comezo ás 19:00 horas no Parque da Constitución do municipio cun festival de música e danza tradicional no que participarán o Grupo de Danza Arume da Queiruga, o Grupo de Danza San Martiño e a Banda de Gaitas San Martiño.

A continuación, ás 20:00 horas, terá lugar a actuación do mago Manuel Lamas, e a partir das 21:30 horas servirase unha cea na que o prato principal será unha gran paella. Tamén haberá pan, bebidas variadas, e sobremesa. A partir das 23:00 horas, dará comezo unha actuación musical, a cargo do Dúo Camelia.

A entrada para participar na cea e velada da XII Festa da Comunidade de Quiroga é de 6 euros por persoa, e poderase adquirir nos bares e establecementos comerciais quirogueses.

4 de agosto de 2017 | 14:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.