publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A XII edición do Premio de Banda Deseñada Castelao rexistra o maior número de orixinais presentados na súa historia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaPortada dereita
A-
A+

Un xurado composto por especialistas en banda deseñada decidirá este mércores a XII edición do Premio Castelao da Deputación da Coruña, o único do xénero no panorama cultural galego ao que se presentaron dezaseis orixinais, o maior número da súa historia.

David Rubín inauguraba en 2005 a listaxe de gañadores do Premio de Banda Deseñada Castelao da Deputación da Coruña que chega a unha dúcia de edicións cunha importante novidade que é a primeira vez que se incorpora unha nova categoría dedicada ao público infantil.

Un xurado presidido pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e composto por Emilio Fonseca, gañador da anterior edición, e os autores Xosé Tomás, Natacha Busto, Pablo Auladell e Ralph Meyer decidirán este mércores día 9 de agosto os títulos gañadores da nova edición do único certame de banda deseñada do panorama galego.
Un total de catorce obras compiten polo premio Castelao destinado a público adulto, tres máis que na pasada edición, sendo así a convocatoria en que máis traballos se presentaron á convocatoria. Dúas obras concorren na modalidade destinada ao público infantil que se inaugura por vez primeira este ano.

A resolución, como en anos anteriores, darase a coñecer este mércores ao tempo que se desenvolve na Coruña o programa “Viñetas desde o Atlántico”, xa que boa parte do xurado participa tamén na programación do festival do cómic dirixido por Miguelanxo Prado. O premio consiste en 6.500 € máis a publicación da obra pola Deputación da Coruña.

8 de agosto de 2017 | 13:34 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario