publicidade hoxe

A Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación de Ourense comeza a atención no seu novo emprazamento do Pazo de Xustiza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+

A Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC) da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria de Ourense xa está operativa desde primeiros de agosto no seu novo emprazamento, no Pazo de Xustiza. Ata agora este servizo estaba emprazado na rúa Concejo da cidade das Burgas e a decisión de trasladalo enmárcase no plan de reorganización de espazos que está a levar a cabo a Delegación Territorial da Xunta en Ourense.

A Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación de Ourense conta actualmente con cinco traballadores e o seu ámbito de actuación é o mundo laboral. A conciliación ante este servizo é un requisito previo á vía laboral ante o Xulgado do Social.

A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta mañá as novas instalacións que, segundo indicou, contribuirán a prestar un servizo de maior calidade aos seus usuarios, ao tempo que produce sinerxías positivas. Por un lado, dáselle máis contido ao Pazo de Xustiza cun novo uso compatible coa actividade xudicial e, por outro, este traslado contribúe á reorganización de espazos administrativos.

O novo espazo que acolle a UMAC, na planta baixa do Pazo de Xustiza, reúne mellores condicións para atender as necesidades deste servizo e das persoas que asistan aos actos de conciliación laboral e dos seus representantes legais.

Esta actuación enmárcase no plan Alugueiros 0 implantado pola Consellería de Facenda que aposta pola política de reestruturación de dependencias da Administración autonómica buscando renegociar ou prescindir de todos os espazos que fose posible dos que non ten a propiedade, para poder destinar este diñeiro a outros fins que redunden na mellora de calidade da vida dos cidadáns.

11 de agosto de 2017 | 14:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.