publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A rehabilitación de tres edificios no Casco Histórico de Betanzos permitirá dispoñer de seis vivendas de promoción pública e tres locais comerciais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosLocal PortadaPortada esquerda
A-
A+
Ethel Vázquez na visita ao casco histórico

Ethel Vázquez na visita ao casco histórico

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto co delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e o alcalde de Betanzos, José Ramón García, supervisou hoxe o inicio das obras de rehabilitación de tres edificios no casco histórico, que rematarán no verán de 2018, dispoñendo xa de seis vivendas de promoción pública e tres locais comerciais.

Vázquez Mourelle explicou que estas actuacións, cun investimento de 1,2 millóns de euros, se enmarcan no programa Rexurbe, que engloba todos os traballos de rehabilitación que se realizan directamente dende o Goberno galego.

Trátase de obras de rehabilitación en dous inmobles situados nas rúas Cerca, número 9 e tamén no 13; ademais dun edificio da rúa Venela dos Clérigos, 13.

A conselleira sinalou que paralelamente continúase traballando nos proxectos para avanzar na rehabilitación das outras edificacións do casco histórico das que a Xunta é propietaria. Engadiu que ademais, e tamén englobado nesa Estratexia de Rehabilitación impulsada desde o Goberno galego en toda a Comunidade, o Concello de Betanzos disporá de fondos para acometer actuacións de reforma de vivendas na ARI do casco histórico: preto de 156.000 euros achegados pola Xunta e polo Ministerio de Fomento.

Estas axudas para as áreas de rehabilitación integral, que no conxunto da provincia da Coruña ascenden a 4,8 millóns, permitirán financiar a recuperación de vivendas en 20 ARIS pertencentes a 11 concellos. Unha vez comunicado aos concellos os fondos de reparto correspondentes a este exercicio, estes deberán informar á Xunta das actuacións previstas e presentar a documentación acreditativa.

A titular de Vivenda subliñou que o Goberno galego aposta pola rehabilitación porque é unha solución máis eficiente e sostible, mellora a calidade de vida dos cidadáns e as contornas urbanas e os cascos históricos e ten un efecto dinamizador económico importante.

11 de agosto de 2017 | 14:54 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario