publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Festa da Malla de Meira cumpre 26 anos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAxenda e CulturaLocal PortadaLugoMeira
A-
A+

ADeputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde de Meira, Antonio de Dios,xunto con organizadores e colaboradores, presentaron este luns, a XXVI Edición daFesta da Malla de Meira 2017, que se celebrará o día 20 de agosto na Praza davila. Esta tradicional celebración foi declarada Festa de Interese TurísticoNacional de Galicia. A xornada comeza ás 10:00 horas na praza Maior co trasladodas máquinas de mallar, e prolongase durante todo o día.

GarcíaPorto destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta cita coobxectivo de promover, recuperar e revalorizar as tradicións locais como sinaisde identidade e atractivo da provincia. Facémolo no marco do 1º PlanEstratéxico de Turismo de Lugo, que define estes obxectivos como unha das liñasde actuación para impulsar o turismo e xerar riqueza na nosa provincia”.

ADeputada remarcou que a festa da Malla de Meira “xa é un referente en toda aprovincia, unha celebración coa que se pode coñecer unha das tradicións maissenlleiras de Galicia, como é a malla. Ademais durante esta xornada osvisitantes poderán desfrutar de ata seis grupos musicais, e tamén daexposicións de maquinaria antiga e de artesanía. Unha autentica xornada detradición e de lecer”, explicou.

Antoniode Dios agradeceu a colaboración da Asociación Amigos da Malla de Meira, asícomo os veciños e comerciantes que traballan para celebrar esta nova edición. Avanzouque haberá actuacións da Banda de Música e a Banda de gaitas de Meira, Nove Ferreñas,Trío Muralla, Os Valuros de Castro de Rei, Leña Verde, e xogos para nenos. Durantea xornada tamén poderán visitar a exposición de artesanía e maquinaria antigana Praza do Concello, dende ás 10:00 horas.

ORexedor convidou a todos os visitantes a achegarse a vila para coñecer astradicións desta feira, e ao mesmo tempo descubrir os recursos patrimoniais,culturais e paisaxísticos de Meira. Como por exemplo, a igrexa mosteiral deSanta María (Declarada Monumento Nacional desde 1931) de estilo románico borgoñóne consagrada no 1258, así como as rutasde sendeirismo da vila.

16 de agosto de 2017 | 14:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.