publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Escola Galega do Deporte bota a andar como centro autorizado das formacións deportivas de período transitorio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportes PortadaGaliciaPontevedraPontevedra
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se autoriza a apertura e o funcionamento do centro público Escola Galega do Deporte, de Pontevedra, para impartir o bloque común das actividades de formación deportiva. Deste xeito, o órgano académico da Secretaría Xeral para o Deporte é autorizado para as formacións deportivas de período transitorio de adestrador deportivo dos graos I, II e III.

Segundo a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, a Escola Galega do Deporte é o órgano académico da Administración deportiva autonómica para impartir a formación deportiva no ámbito da Comunidade Autónoma, así como o centro de documentación, investigación, estudo e documentación deportiva, sen prexuízo das atribucións que lle correspondan á consellería competente en materia de educación.

A Escola Galega do Deporte impulsará a subscrición dos convenios coas universidades galegas e cos demais centros de ensino onde se impartan estudos da rama da actividade física e do deporte, e coas entidades deportivas galegas.

11 de agosto de 2017 | 14:57 • Sen comentarios
Deixa o teu comentario