publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación enche Chantada de actividades culturais e turísticas con 10.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaChantadaLugo
A-
A+

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, xunto ao Alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela Rodríguez, e Concelleiros, adiantou as actividades culturais e turísticas, totalmente gratuítas para o público, coas que o Goberno Provincial enche as rúas da localidade chantadina durante unha semana cun investimento de 10.000 euros. Santos Ramos avanzou que dende hoxe e ata o vindeiro xoves, 24 de agosto, haberá cine, teatro, música e ata actividades fluviais. Trátase dunha completa e variada programación para persoas de todas as idades e de balde.

O responsable do departamento de Relacións Institucionais destacou que “este Goberno Provincial traballa por unha Deputación rural, que colabora con todos os Concellos da provincia; que ofrece durante todo o ano actividades totalmente gratuítas aos veciños, dende unha Deputación social e coas persoas. Agardamos que as actividades que traemos a Chantada contribúan a dinamizar social e economicamente a vida municipal, aproveitando a afluencia de visitantes durante esta época estival, que sexan, polo tanto, unha nova oportunidade máis para coñecer a riqueza patrimonial e vitivinícola que temos nesta Comarca, xerando, ademais, riqueza a través do impulso do sector turísticos”. Neste eido, Samos Ramos lembrou que o Goberno da Deputación financia con outros 330.000 euros máis 70 actividades nos Concellos con estes mesmos fins: dinamizar a vida social, a economía local e o turismo.

Programación de xoves a xoves

A programación gratuíta que financia o Goberno da Deputación en Chantada inclúe a proxección de 7 películas, 4 representacións teatrais e concertos semanais, todo isto na Praza do Cantón (algunhas actividades xa se celebraron durante este mes); ademais de actividades fluviais na Praia do Parque Sangoñedo, que serán este vindeiros domingo. O calendario de xoves a xoves é o seguinte:

- Hoxe xoves, 17 de agosto, ás 22:00 horas, na praza do Cantón, proxectarse a cinta “La la land”.

- Sábado, 19 de agosto, ás 22:00 horas, na praza do Cantón, actuará o grupo folclórico Castro Foxo.

- Domingo, 20 de agosto, a partir das 16:00 horas e ata as 19:00 horas, na Praia do Parque Sangoñedo, haberá actividades fluviais para persoas de todas as idades. Por exemplo, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs …ademais de animacións musicais ou xogos populares. Todo baixo supervisión dun coordinador e de 6 a 12 monitores para seguridade dos participantes.

- Luns, 21 de agosto, ás 22:00 horas, na Praza do Cantón, a Asociación PRODEME de Monforte de Lemos presentarán a actuación teatral “Diñeiro B”.

- Martes, 22 de agosto, ás 22:00 horas, na Praza do Cantón, o Centro Teatral Faro Miño de Chantada estreará a obra “Langreira de Amor”. Ao remate, actuará o grupo de baile “Swagger”.

- Mércores, 23 de agosto, ás 22:00 horas, na Praza do Cantón, Tiruleque Teatro do Carballiña interpretará “Media de callos”.

- Xoves, 24 de agosto, ás 22:00 horas, na Praza do Cantón, a compañía Bennu Tetro representará “Temporada de pasiones”.

Actividades celebradas

Esta será a semana forte das actividades culturais e turísticas do Goberno da Deputación en Chantada. No que vai de mes proxectáronse as películas, de rango internacional, “O libro da selva” de Gran Bretaña, “A tartaruga vermella” de Holanda e Francia, “En la sombra” da República Dominicana, “O novos testamento” de Bélxica. Tamén estivo presente o cine galego con “Despois da Fin” da directora Belén Veleiro ou “Miracielo” de Paco Ces. A programación remata con máis cine, música, teatro e gozando do río, poñendo en valor os recursos fluviais da Comarca de Chantada.

17 de agosto de 2017 | 14:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.