publicidade hoxe

A Deputación da Coruña apoia á Federación Galega de Ciclismo con 86.500 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O deputado responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña, José García Liñares, asinou hoxe un convenio de colaboración co presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz Nieto, mediante o cal a institución provincial destina 86.500 euros a financiar actividades de promoción do ciclismo na provincia.

A subvención provincial supón preto do 80% dos gastos anuais da federación para este tipo de actividades, que inclúen a Volta Ciclista á Provincia da Coruña, o Open Deputación da Coruña de BTT ou o Circuíto de Ruta.

Así mesmo, a Deputación financia a realización de vídeos e revistas promocionais, a compra dos trofeos e demais material necesario para a realización dos eventos deportivos.

García Liñares destacou que este convenio se enmarca na “traxectoria de colaboración” que une a ambas institucións desde fai anos, e que ademais de promover a práctica do ciclismo, “axuda a difundir e por en valor os atractivos turísticos, culturais e paisaxísticos dos concellos da provincia” que anualmente acollen as diferentes competicións que coorganizan a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Ciclismo.

1 de agosto de 2017 | 14:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.