publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A aposta de Internaco pola innovación e a mellora competitiva é clave nas súas exportacións a máis de 50 países

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOrdes
A-
A+

O director do Igape, Juan Cividanes, salientou hoxe a decidida aposta da empresa ordense Internaco pola innovación, o investimento e a mellora da competitividade que explican a súa crecente internacionalización, con exportacións a máis de 50 países.

Para seguir innovando e crecendo en Galicia, Internaco investiu o pasado ano –-contando cun préstamo Jeremie-Igape– máis de 2 millóns de euros nunha nova planta para fabricar en Ordes fío de plástico para desbrozadoras que este ano está vendendo en mercados como Marrocos, Austria, Turquía, Estados Unidos ou Perú.

Internaco destaca ademais como fabricante e exportador de grupos electróxenos especiais, baixo a marca propia Benza, para instalacións enerxéticas de ciclo combinado, plantas termosolares, coxeneración remota, vehículos militares, trens de mercancías ou mesmo para a Axencia Espacial Europea.

Para consolidar a mellora continuada, Internaco acolleuse a servizos do programa ReAcciona para optimizar os seus procesos e cadea loxística, e está aplicando servizos do programa ReAcciona TIC para incorporar solucións da Industria 4.0 e de dixitalización para seguir crecendo e avanzando na súa internacionalización.

O director do Igape lembrou que a través do programa ReAcciona a Consellería de Economía, Emprego e Industria xa facilitou a implantación de 1.400 proxectos de mellora en 850 empresas galegas que puideron desenvolver, deste xeito, accións de mellora en áreas concretas de xestión ou planificación, contando co apoio de expertos, para acceder a novos coñecementos, métodos e ferramentas axeitadas para mellorar a súa competitividade, para crecer e avanzar cara a novos mercados exteriores.

A actual edición do programa, dotada con dous millóns de euros, permitirá desenvolver preto de medio milleiro de novos proxectos de mellora de xestión empresarial e a posta en marcha de plans estratéxicos de futuro nas empresas galegas deica 2018. A presentación de solicitudes ao amparo das bases reguladoras correspondentes está aberta ata o 15 de setembro. A continuación activaranse novas convocatorias en novembro e decembro deste ano e en febreiro e maio de 2018.

O obxectivo fundamental do programa, cofinanciado ao 80% con fondos Feder, é apoiar ás pemes galegas nos procesos de profesionalización dos seus equipos directivos e nos plans de xestión e desenvolvemento estratéxico, para procurar que se consoliden, crezan e avancen en mercados internacionais.

Co apoio do ReAcciona, as empresas poden escoller o seu itinerario de mellora personalizado, de acordo coas súas prioridades, apoiándose nun ou en varios servizos que van desde un diagnóstico inicial ata a execución dos diversos plans operativos, pasando, se fose conveniente, por unha análise estratéxica detallada que oriente o rumbo futuro da empresa.

1 de agosto de 2017 | 14:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.