publicidade hoxe

Vilariño de Conso acollerá a primeira edición do seu tríatlon popular de alta montaña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaOurenseVilariño de Conso
A-
A+
Presentación do I Tríatlon de Alta Montaña

Presentación do I Tríatlon de Alta Montaña

O Concello de Vilariño de Conso organiza, por primeira vez, o día 23 de xullo, o I Tríatlon popular de alta montaña, que estará formado por unha proba de dificultade media que consiste en 12 quilómetros de bicicleta, 11 quilómetros de carreira e 1700 metros de natación; e por dúas rutas de BTT de 47 e 35 quilómetros. A presentación do evento deportivo tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e a tenente de alcalde de Vilariño, Melissa Macía Domínguez.

Rosendo Fernández destacou “a completa oferta deportiva dos concellos da nosa provincia na época estival, grandes dinamizadores do noso territorio”. Asemade, dixo que a Deputación de Ourense colabora con este tipo de eventos “que aglutinan deporte, turismo e saúde, e que dan a coñecer a riqueza paisaxística e cultural dos municipios da nosa provincia”.

A tenente de alcalde de Vilariño de Conso sinalou que esta iniciativa “pretende atraer o turismo a través do deporte, porque consideramos que son dúas cuestións que van da man” e engadiu, “é unha oportunidade importante, non só para a xente da provincia senón tamén para os propios veciños, de coñecer polo miúdo o noso municipio”.

A saída da proba será ás 10.00 horas, para as BTT Longa e media en Fradelo e para o Tríatlon na praza de Vilariño de Conso, sendo a meta no encoro do Cenza para todas as modalidades. A recollida dos dorsais realizarase media hora antes da proba no correspondente punto de saída. Os interesados en participar poderán anotarse ata o día 19 de xullo, na páxina web do concello www.vilarinodeconso.es, ata cubrir as 150 prazas dispoñibles por orde de inscrición. O custe será de 15 euros para cada unha das tres modalidades, incluíndo no prezo: seguro de responsabilidade civil, seguro propio para o deportista, avituallamentos e pinchos. Asemade outorgaranse trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.

12 de xullo de 2017 | 14:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.